Asodifisi

Blog da "Asociación de Discapacitados Físicos y Síquicos" de Mos

Actividades

Actualmente a empresa XQuatro, coa axuda de Asodifisi e numeros@s voluntari@s de Mos, está a organizar un concerto benéfico a favor da Asociación.

O concerto terá lugar o sábado 5 de maio no pavillón municipal de O Porriño, e as entradas xa están á venda.

Non esquezades comprar entradas! Podedes mercar a entrada normal (10€) ou unha entrada de «FILA CERO» (5€), que sirve para colaborar se non podes asistir ese día, posto que non da dereito de acceso (o aforo é limitado).

Se ademais queres participar como voluntari@, podes descargar aquí a Fichavoluntarios e traela cuberta ás reunións de voluntariado. Precisamos persoas responsables para o control de accesos, o bar e mais as tarefas de limpeza posteriores: doa un chisco do teu tempo e bótanos unha (ou dúas) mans!

Iremos subido aquí as novidades con respecto a este acto, e recordade que nos podedes contactar se tendes calquera dúbida ou vos apetece participar/colaborar.

 

 

Que facemos en Asodifisi?

·      INFORMACIÓN e ASESORAMIENTO: A Asociación realiza actividades diarias de información e asesoramiento no local social, proporcionando información xeral, laboral, sobre axudas e recursos dispoñibles das institucións públicas e privadas.

·      ASISTENCIA PSICOLÓXICA
·      ACTIVIDADES FORMATIVAS: Éstas van variando cada ano, pero as máis comúns son as seguintes:
      Curso de ximnasia de mantemento
      Curso de cociña adaptada
     Obradoiro de xardiñeiría
     Obradoiro de cerámica
      Natación
     Reforzo pedagóxico. Lecto-escritura, psicomotricidade.
·        SERVICIO DE TRANSPORTE ADAPTADO,
·        VISITAS-EXCURSIÓNS
·        CHARLAS INFORMATIVAS
Tódolos anos realízanse as Xornadas sobre minusvalías no mes de novembro nas que se conta coa colaboración da Dra Flor Pérez, do Hospital Xeral de Vigo.
·        ENTREGA DE AGASALLOS DE NADAL
A finais de ano, sempre antes das datas de Nadal, facemos unha  entrega de agasallos a tódolos minusválidos socios de ASO.DI.FISI., recorrendo o municipio coa furgoneta e Papa Noel a bordo.
·        CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL
A tarxeta premiada no concurso é a que se utiliza como modelo para felicita-los socios no Nadal
Dende o  comezo desta Asociación tódolas  actividades desenvolvidas están xestionadas pola Xunta Directiva e persoal contratado mediante os programas de Cooperación da Xunta de Galicia. Para actividades específicas, como son a realización de cursos (ximnasia de mantemento, cociña, cerámica…), a Asociación vese na necesidade de contratar monitores para a impartición dos mesmos.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: