Asodifisi

Blog da "Asociación de Discapacitados Físicos y Síquicos" de Mos

Quentando motores para o concerto do 5 de maio!

en abril 12, 2012

Aquí tedes o cartel do concerto que se celebrará o vindeiro sábado 5 de maio no pavillón municipal de O Porriño a favor de Asodifisi!

Non esquezades comprar entradas, precisamos a vosa axuda! Podedes mercar a entrada normal (10€) ou unha entrada de «FILA CERO» (5€), que sirve para colaborar se non podes asistir ese día, posto que non da dereito de acceso (o aforo é limitado).

Se ademais queres participar como voluntari@, podes descargar aquí a Fichavoluntarios e traela cuberta ás reunións de voluntariado. Precisamos persoas responsables para o control de accesos, o bar e mais as tarefas de limpeza posteriores: doa un chisco do teu tempo e bótanos unha (ou dúas) mans!

Vémonos!

Grazas


Deja un comentario