Dende o grupo de voluntariado de Asodifisi e dende a Xunta Directiva queremos agradecer a participación de todas aquelas persoas que o sábado vos achegástedes a O Porriño a apoiarnos. Malia a agarda, esperamos que disfrutárades dun concerto feito coa máxima ilusión e cariño, no que o espectáculo e a boa música desbordaron. Esperamos poder seguir contando con vós para continuar crecendo, e apostando polas persoas que precisan dunha man para seguir este camiño. Esta foi a nosa primeira experiencia: non queremos que sexa a última.
Xosé Antonio Touriñán, humorista galego e presentador do espazo de entretemento Tourilandia (TVG), compoñente do dúo humorístico «Mucha e Nucha, as cantareiras de Ardebullo»:
Luis Iglesia, máis coñecido como a súa personaxe de «Carmelo Matalobos» na xenial serie emitida na TVG Matalobos, ou como a voz de Harrison Ford, Robert De Niro, Mel Gibson, Paul Newman ou Chuck Norris (entre outros):
O grandísimo actor galego Antonio Mourelos, «Capitán Santiago Táboas» na serie Matalobos, e Presidente da Academia Galega do Audiovisual:
Hai moita xente que quizais aínda non coñeza a labor que realiza a Asodifisi. Por este motivo, a próxima semana será a «Semana de portas abertas en Asodifisi», na que calquer persoa poderá acudir a coñecer cómo funciona a Asociación. Por motivos de organización e horarios solicitamos que, se queres visitar as nosas instalacións, nos chames antes por teléfono para que poidamos recibirte e atenderte como mereces.
Polo demais, aquí tendes algúns adiantos do que facemos no noso día a día cos usuarios do centro!
Nestas pequenas peza audiovisuais, os actores e monologuistas galegos apoian públicamente a causa de Asodifisi e anímanvos a todos a apoiar o noso labor acudindo ao concerto do sábado 5 de maio, e arrastrando a canta máis xente poidades. Queres escoitalos?
Xosé Antonio Touriñán, humorista galego e presentador do espazo de entretemento Tourilandia (TVG), compoñente do dúo humorístico «Mucha e Nucha, as cantareiras de Ardebullo»:
Luis Iglesia, máis coñecido como a súa personaxe de «Carmelo Matalobos» na xenial serie emitida na TVG Matalobos, ou como a voz de Harrison Ford, Robert De Niro, Mel Gibson, Paul Newman ou Chuck Norris (entre outros):
O grandísimo actor galego Antonio Mourelos, «Capitán Santiago Táboas» na serie Matalobos, e Presidente da Academia Galega do Audiovisual:
O músico e grande artista Tonhito de Poi:
Manuel Millán, coñecido por algúns como Don Nicanor (Pratos Combinados) ou o Padre Miguel (Aquí no hay quien viva):
Avelino González, máis coñecido para algúns como «Miñato» na famosa serie galega Padre Casares:
Alejandro Carro, coñecido por moitos de vós como o sacristán «Santi» de Padre Casares:
Xaquín Domínguez, «Pai Rodrigo» en Padre Casares:
O incríble Mago Teto:
O célebre monologuista e actor Miguel Lago:
O gran monologuista galego Xan Veiga:
O gran mago Martín Camiña:
O supercalifraxilístico Mago Cali:
A cantante mosense Uxía Senlle:
O xornalista Pemón Bouzas:
Layla, a presidenta de honra da empresa XQuatro Espectáculos 🙂
El gran grupo infantil de artistas, «Pequitas y Cía»:
A Comisión de Festas San Salvador e Santa Filomena de Louredo celebrou o domingo un gran bingo solidario a favor de Asodifisi.
DORIS FERNANDES/MOS
22/04/2012
As preto de 25 persoas discapacitadas que atenden en Asodifisi cantaron onte un bingo ao unísono. O premio que lles tocou a eles foi o mellor de todos, o da solidariedade, pois onte máis de trescentas persoas xuntáronse en Louredo con cartón e bolígrafo en man co fin último de axudar a asociación mosense. O bingo benéfico, cuxos beneficios ascenderon a uns 2.500€, destinaranse a este colectivo que atende a persoas con discapacidade de Mos e de toda a comarca.
Ademais disto, os asistentes contaron coa aparición estelar e solidaria do célebre Mago Marco, que sorprendeu aos xogadores de bingo cun espectáculo de maxia cheo de emoción que puxo a punto o espectáculo posterior. No acto tamén tivo lugar a presentación oficial do “Festival solidario a favor de Asodifisi” que organiza a empresa XQuatro xunto cos membros da Asociación e numerosos voluntarios, e que terá lugar o vindeiro sábado día 5 de maio en O Porriño.
Nesta presentación, a presidenta de Asodifisi, Maruja Carrera, puxo de manifesto que “Asodifisi precisa chamar a todas as portas, posto que a asociación atende a persoas con distintos tipos e graos de discapacidade, e a accesibilidade debe ser plena para atendelas axeitadamente”. A maiores, a usuaria e tesoureira da asociación, Asunción Monroy, salientou que Asodifisi “pide axuda hoxe para poder seguir axudando mañá a quen nos poida necesitar”, e invitou a todos os asistentes a mercar unha entrada para o concerto no que actuarán altruistamente, entre outros artistas, Javier Urquijo, La Frontera ou Los Limones. As entradas para o concerto benéfico, que conta a súa vez cunha rede de puntos de venda en diferentes parroquias e concellos que se pode atopar no seu blog (asodifisi.wordpress.com), no perfil da red social Facebook da Asociación ou chamando por teléfono ao 620037849.
Campaña de sensibilización a longo prazo
O obxectivo de todas estas actividades é recadar fondos para o colectivo de discapacitados, que esta primaveira ven desenvolvendo unha campaña de sensibilización para poder acadar o apoio dun maior número de persoas. A situación económica de Asodifisi viuse comprometida nos últimos tempos por mor dos retrasos dalgunhas axudas públicas, e dende o colectivo son ademais conscientes do descenso xeralizado da inversión pública e privada no eido social. Por este motivo, e co fin último de acadar unha maior e máis saudable sostibilidade económica, Asodifisi está a levar a termo campaña de afiliación de socios entre os seus conveciños, ao tempo que participa con ilusión nas iniciativas solidarias que outros colectivos como a Comisión de Festas San Salvador e Santa Filomena de Louredo están a levar a cabo ao seu favor. “Somos conscientes de que a crise aféctanos a todos, e por iso non pedimos grandes doazóns. Solicitamos o mínimo, e buscamos a moitos colaboradores para tecer o que nós chamamos unha rede sostible de solidariedade”, indican dende a Xunta Directiva.
Unha das razóns que se esgrimen para conseguir o apoio dos veciños de Mos e comarca é o feito de que no concello mosense non existen alternativas públicas que permitan ofrecer atención ás persoas con discapacidade. Dende Asodifisi explican que piden a colaboración de todos, porque queren poder axudar a calquera de nós que os poida precisar no futuro, e por iso é preciso non deixar que este proxecto, que cumpliu 20 anos o pasado ano, morra por mor das dificultades económicas.
O sábado 5 de maio no concerto solidario que XQuatro organiza a favor de Asodifisi contaremos tamén con LA FRONTERA!
«Lucha por tu revolución»!!
Podes pasar unha noite chea de festa e aínda por riba axudar ás persoas discapacitadas que agora o precisan. A QUE ESPERAS? Pode que mañá el@s poidan axudarche a ti ou a alguén que queres.
Recorda que podes mercar as túas entradas nos seguintes puntos de venda (10€/entrada ou 5€ entrada «fila 0»):
Esta é unha pregunta que quizais te formulaches nos últimos días a raíz da campaña de sensibilización que estamos a levar a cabo.
Por que dende Asodifisi pedimos a túa colaboración?
A actividade desta asociación, coma a de moitas outras, non ten un fin lucrativo. O seu obxectivo é asisitir e traballar coas persoas con discapacidade de Mos e comarca. Esta tarefa é custosa porque precisamos adaptar todas as nosas instalacións, servizos de transporte, actividades no centro, etc. ás necesidades dos nosos usuarios, así como contratar aos profesionais que nos axudan nesta tarefa. Contamos con axudas públicas que nos axudan a costear os gastos de atender a 25 alumnos, pero estas axudas están a diminuír substancialmente e a retrasarse por mor da complicada situación económica que atravesamos todos.
Por este motivo, pregámoste que nos concedas un chisquiño de ti para poder continuar traballando. Levamos dous anos nos que case temos que pechar as nosas portas, e non podemos continuar con esta inestabilidade. Buscamos facer o noso proxecto máis sostible, e para iso pedimos un pouquiño de cada un dos nosos amigos. Sabemos que todos estamos a pasar por un momento moi comprometido, e por iso o que pedimos é mínimo: 5€ é o prezo dunha entrada de fila cero para o noso concerto solidario; 10€ a entrada normal e 15€ a cuota anual mínima de socio.
Para calquera de nós 10€ significan moito, mais non sempre lles damos un uso rendible. Fai que cos teus 10€ as persoas con discapacidade poidan seguir loitando. Non se nos ocorre unha mellor inversión.
Non permitamos que o esforzo dos nosos colaboradores e voluntarios, en especial do equipo fantástico de XQuatro e da súa xente, sexa en balde. Non permitamos que a crise acabe cos soños de quenes máis dereito teñen a voar. Fagamos que o 5 de maio faga historia.
GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN.
Quizais mañá nós podamos axudarche a ti ou a alguén que queres…
Aquí tes a listaxe de puntos de venda da entradas para o concerto benéfico do sábado 5 de maio no pavillón municipal de O Porriño a favor de Asodifisi!
ANÍMATE A BOTAR UNHA MAN E PASAR UNHA NOITE SOLIDARIA DE FESTA!
Podedes mercar a entrada normal (10€) ou unha entrada de “FILA CERO” (5€), que sirve para colaborar se non podes asistir ese día, posto que non da dereito de acceso (o aforo é limitado).
Precisamos a vosa axuda! Pode que mañá ti necesites da axuda e apoio de colectivos coma Asodifisi!
Vémonos!
Grazas
PUNTOS DE VENDA:
MOS:
LOUREDO: Peluquería Julia, Bocatería Bocados
MOS: Peluquería Juan Manuel, O Alpendre
GUIZAN: Bar Veiga, Hermi Peluquería
TORROSO: Bar Moreno, Colexio de ASODIFISI
DORNELAS: Bar Choni
TAMEIGA: Oficina de ASODIFISI, Bar Gallardo, Bar Armando
PEREIRAS: Bar Xeito, C.C de Pereiras, Restaurante Lano
SANGUIÑEDA: Farmacia de Sanguiñeda, Caravanas Juan
PETELOS: Bar O Quiosco
PORRIÑO: O Liceum, O Simplicio, Peluquería Merchy Díaz
REDONDELA: Bar O Novo Puskas, Cafetería O Barco
SALVATERRA: Cafetería e pastelería Xulio, Cafetería Os Biocos,
PONTEAREAS: Café Arán, Bar de comidas MACDONA
VIGO: Edades Vigo (chamar antes:986135450)
Bar-tapas Alalá (Doctor Carracido nº 105)
SALCEDA DE CASELAS:Transportes Garabullo/Xardins Garabullo